O concello de Sanxenxo acolle o primeiro Mini BTT Inter Rías

fotodeportescopia.jpgSANXENXO> Este sábado celebrarase o primeiro trofeo de Mini BTT Inter Rías. Estímase que ó redor duns cento cincuenta rapaces participen nesta xornada, a que será a terceira proba do Open de Galicia. Terá lugar no concello de Sanxenxo, concretamente en Punta Vicaño.

{flowplayer}images/salnes/MiniBttSanxenxo.flv{/flowplayer}

Por primeira vez o Concello de Sanxenxo acollerá un trofeo de Mini BTT, unha proba de montan bike para rapaces que consta de varios circuítos e que será posta en marcha polo club Corbelo. O lugar escollido para a celebración do evento é Punta Vicaño.

Os participantes serán rapaces de entre cinco e trece anos, que se repartirán para a competición en cinco categorías. A cita é o sábado a partir das cinco da tarde, pero dende as tres está aberta a inscrición. É a terceira proba do Open de Galicia.

A organización agarda unha participación de ó redor de 150 rapaces, con escolas chegadas dende diversos puntos de Galicia. Un número moi importante que non descartan ademais superar, sobre todo despois dos antecedentes.

Precisamente este aumento no número de rapaces que practican este deporte, é un dos retos máis importantes para a federación galega, que valora moi positivamente o esforzo levado a cabo polos clubs neste senso.

A concelleira de deportes aproveitou tamén para agradecer a participación na marcha ciclista levada a cabo esta fin de semana e que se deu en chamar “Únete á Volta”. Unha iniciativa máis dentro dos actos de promoción do paso da Volta a España polo municipio.

Redacción Salnés