A piques de perde-la vivenda por unha débeda do seu ex-marido

    desafiuzamentoleiro100.jpgRIANXO> Unha veciña do lugar de Rial, na parroquia de Leiro, enfróntase ó desafiuzamento da súa vivenda.

    {flowplayer}barbanza/desafiuzamentoleiro.flv{/flowplayer}

    Rosa Collazo está a atravesar un dos momentos máis amargos da súa vida ante a ameaza de desafiuzamento da súa vivenda. Hai anos asinou un poder en favor do que daquela era seu home. Non imaxinaba que este, do que se divorciou hai dous anos, hipotecaría a vivenda como aval dun crédito que solicitou sen que Rosa tivese coñecemento.

    Agora, reclámanlle a devolución do crédito, de máis de cen mil euros, contía inasumible para Rosa.

    De non asumir a actualización do crédito nun prazo de tres meses procederíase ó desaloxo situación á que Rosa agarda non chegar.

    Apoio

    Na súa loita conta co apoio do concello de Rianxo e da plataforma ‘Stop Desafiuzamentos’ que xa iniciou unha serie de xestións ante o Xulgado e o propio banco solicitando que se tomen as medidas necesarias para evitar o desaloxo da vivenda.

    Redacción Barbanza