O Consorcio Provincial de Bombeiros contará con 90 efectivos

    CONSORCIOBOMBEIROS copia.jpg PONTEVEDRA> A entidade aprobou o prego de condicións para sacar a licitación a xestión dos catro parques que o integran.

    {flowplayer}images/salnes/CONSORCIO_INCENDIOS_250512.flv{/flowplayer}

    O Consorcio Provincial de Bombeiros aprobou o prego de condicións para sacar a licitación a xestión dos parques do Salnés, Vilagarcía, Morrazo e Porriño, cun orzamento de 22,2 millóns de euros para os vindeiros 8 anos. O presidente da Deputación, Rafael Louzán, indicou que a esta cantidade hai que engadirlle un millón de euros do parque comarcal do Deza para o mesmo período.

    Os parques contarán cun total de 90 bombeiros, xa que se reforzará algúns como o de Vilagarcía, que pasará de dous efectivos por quenda a 3, e que dará servizo tamén á comarca de Caldas.

    Segundo indicou Rafael Louzán, deste xeito se poderá garantir a atención dos bombeiros ó 70 ou 80 por cento da poboación da provincia, exceptuando Pontevedra e Vigo, que xa teñen parque propio. Unha atención que se fará dentro da isocrona dos 20 minutos establecida como tempo máximo para a chegada ao lugar de actuación.

    O prego de condicións inclúe tamén os salarios do persoal, que será de 19.000 euros brutos para os bombeiros, 21.500 euros para os cabos e 25.000 para o sarxento. Segundo as previsións da Deputación, en agosto podería estar adxudicada a xestión do Consorcio Provincial de Bombeiros.

    Redacción Salnés