O paro baixa un 0.63%, índice que en Galicia non supera o 0.37 %

    RÍAS BAIXAS> Baixa o paro en Galicia por primeira vez desde fai dez meses. A baixada do desemprego na nosa comunidade foi do 0.37 %;

    {flowplayer}images/salnes/datos_paro_040612.flv{/flowplayer}

    o que supón algo máis de mil desempregados que no mes de abril. Así valoraban hoxe esta medida desde a Dirección Xeral de Emprego e Formación da Xunta de Galicia. Segundo os últimos datos remitidos polas oficinas dos servicios públicos de emprego o paro baixou en todo o país; salvo en dúas comunidades: Canarias e Extremadura.

    A baixada en Galicia é sensiblemente inferior á do resto do Estado; onde o descenso foi do 0.63 %, o que implica 30.113 parados galegos menos que no mes de abril.

    Estes datos foron acollidos con optimismo por algúns, os menos, sendo a maioría da opinión de que esta baixada do paro foi coiuntural debido á chegada do verán. En plano máis curto, no Salnés e no Barbanza tamén baixou o paro o pasado mes de maio: no Salnés a reducción foi de 91 persoas; destacando entre tódolos concellos da Bisbarra Vilagarcía, onde se xeraron 20 novas ocupacións.

    Pola contra subiu o paro nos municipios de Vilanova, Cambados e Meis. Por sectores os máis afectados foron a agricultura e a pesca. Na Arousa Norte o desemprego baixou en 81 persoas; creando entre Boiro e a Pobra un cento de postos de traballo. Ribeira pola contra perdeu 40 empregos. Por sectores, o dos servicios foi un dos máis castigados.

    Redacción Salnés