Ramiro Carregal reafirma o seu compromiso coa náutica

    presentacionregatascarregal100.jpgSANTIAGO> O Hostal dos Reis Católicos volveu ser o lugar escollido para a presentación das dúas regatas patrocinadas por Ramiro Carregal.

    {flowplayer}barbanza/presentacionregatascarregal.flv{/flowplayer}

    A regata Frinsa – Trofeo Presidente Ramiro Carregal Rey acada este ano a súa duodécima edición. Terá lugar o día 16, con saída dende o porto deportivo de Ribeira, e consistirá nunha única proba pola ría de Arousa.

    Esta regata xurdiu como un recoñecemento do Náutico de Ribeira a Ramiro Carregal, fundador e presidente de honra do club. As primeiras probas tiñan como destino a Illa de Sálvora ata que pasou a ser de titularidade pública; dende entón mudou o percorrido pero mantívose o espírito da regata.

    Durante a fin de semana do 23 e 24 terá lugar a decimo terceira edición da regata Ramiro Carregal – Faro de Corrubedo, promovida de xeito conxunto entre os clubs de Ribeira e Portosín.

    O sábado terá lugar a proba máis longa, unhas vinte e cinco millas de dificultosa navegación dende Ribeira ata Portosín bordeando o cabo Corrubedo. O domingo desputarase dúas probas técnicas de barlovento e sotavento.

    O sábado pola noite terá lugar unha cea de gala no náutico de Portosín e o domingo pola tarde unha merenda mariñeira coa entrega de premios.

    Redacción Barbanza