Vilagarcía, escenario central dos actos do Día Mundial dos Océanos

    fotobarcocopia.jpgVILAGARCÍA> A Conselleira do Mar inaugurou a xornada de portas abertas do barco Ría de Vigo, un dos estandartes na loita contra a contaminación.

    {flowplayer}images/salnes/ActoDiaOceanos080612.flv{/flowplayer}

    Vilagarcía converteuse hoxe no escenario central dos actos con motivo do Día Mundial dos Océanos. A Conselleira do Medio Rural e do Mar inaugurou a xornada de portas abertas do barco Ría de Vigo e aproveitou a ocasión para destacar a boa xestión levada a cabo por Galicia con respecto a actividade pesqueira. Deste xeito, a nosa comunidade preséntase como o mellor exemplo a seguir de cara á reforma da política pesqueira común.

    O barco Ría de Vigo, atracado neste caso en Vilagarcía, abriu as súas portas con motivo do Día Mundial dos Océanos para amosarlle ós máis cativos o seu funcionamento. A encargada de inaugurar estas xornadas, que tamén abriron as portas do helicóptero Pesca II, foi a Conselleira do Medio Rural e do Mar.

    O obxectivo desta iniciativa era espertar o interese polo coñecemento de mares e océanos tratando á vez de xerar unha maior conciencia de protección. Unha aposta na que destacou a importancia dos convenios entre administracións no que se refire ás actuacións mariñas e, sobre todo, á loita contra a contaminación. É precisamente esa colaboración a que permite dispoñer de barcos coma este que podería intervir no caso dun vertido. Non en van, Rosa Quintana recordou tamén a aposta de Xunta de Galicia pola pesca como un dos sectores que nos axuden a saír da crise.

    Dende a administración tamén se valorou positivamente a situación actual dos principais caladoiros nos que faenan os barcos galegos. Quintana destacou a boa xestión levada a cabo nos últimos anos, tanto é así que, segundo dixo, Galicia é un espello cara o que ten que mirar a reforma da política pesqueira común. Unha xestión sustentable e respectuosa co medio ambiente que é a liña de traballo que pretende seguir a Consellería do Mar.

    Redacción Salnés