Acendido simbólico dos semáforos definitivos do Malecón

    semaforosdefinitivos100.jpgRIBEIRA>  A avenida do Malecón xa conta con semáforos definitivos. A actuación enmárcase no proxecto Ribeira Atlántica 2015.

    {flowplayer}barbanza/semaforosdefinitivos.flv{/flowplayer}

    O tenente alcalde de Ribeira, Vicente Mariño, e o concelleiro de tráfico e seguridade, Víctor Reiriz, procederon ó acendido simbólicos dos semáforos da avenida do Malecón. Tras varios meses de probas con dispositivos temporais, xa están operativos os semáforos definitivos que regularán o tráfico nunha das principais vías de Ribeira. O proxecto enmárcase no plan de mobilidade incluído en Ribeira Atlántica 2015.

    Máis dispositivos

    O seguinte paso será a instalación de novos dispositivos, en fase de probas, en varios puntos da rúa Miguel Rodríguez Bautista, a outra das entradas principais ó centro urbano.

    Inicialmente, instalaranse semáforos no cruce coa rúa Canarias e nos pasos de peóns á altura do conservatorio e do colexio O Grupo.

    Redacción Barbanza