Vilagarcía contará este verán con cen prazas de aparcadoiro máis

    VILAGARCIA> Pasado este verán comezarán as obras de acceso do tren ó Porto de Vilagarcía; unha infraestructura que virá a multiplicar as posibilidades económicas…

    {flowplayer}images/salnes/convenio_porto_concello_vilagarcia.flv{/flowplayer}

    … e loxísticas da rada vilagarciá, e conxuntamente, ofrecerá novas posibilidades de intermodalidade no transporte para toda a comarca da Arousa. Esta mañá, a Presidenta da Autoridade Portuaria asinaba o correspondente convenio co Alcalde de Vilagarcía, Tomás Fole. As obras de ampliación do trazado ferroviario acometeranse pasado o verán; cando se coñezan máis detalles da actuación.

    Antes diso, cederáselle ó Concello vilagarcián a parcela que dá acceso ó porto do Ramal e á Praia da Compostela, para dotar ó municipio, de alomenos, un cento de prazas máis de aparcadoiro para uso público.

    Un espazo que o propio concello acondicionará en menos de dúas semanas de prazo para que dea un bo uso e servicio ós usuarios da Praia, do Porto Deportivo e da cidade en xeral.

    Redacción Salnés