José López Calo doa 84 volumes do seu legado a Cambados

legado_calo100.jpgCAMBADOS> A Biblioteca municipal Casa dos Fraga vén de incorporar unha colección de 84 volumes, entre libros, discos e artigos, do legado artístico de José López Calo.

{flowplayer}images/salnes/LEGADO_LOPEZ_CALO.flv{/flowplayer}

Este musicólogo, catedrático emérito de Historia da Música da Universidade de Santiago e vicepresidente da Real Academia Galega de Belas Artes asinou, xunto co alcalde Luís Aragunde o acordo desta doazón.

O legado deste profesor inclúe volumes sobre a música de Galicia, cun tratado sobre a música medieval en Galicia, catro edicións sobre a música na Catedral de Santiago, obras musicais de Juan Montes, e uns vinte traballos sobre os Xoves Musicais da Universidade de Santiago. López Calo doou tamén unha colección de 10 CDs de música clásica galega. Ademais deixa na Casa dos Fraga libros sobre a música nas catedrais españolas, como as de Zamora, Segovia, Burgos, Palencia e Valladolid.

Para o Concello de Cambados este é a primeira vez que reciben unha colección tan extensa e dedicada á música. José López Calo recoñeceu que posúe unha biblioteca única dedicada á musicoloxía, tanto por volume, xa que lle ocupa 6 salas enormes, como por contido. No seu haber ten códices medievais, e edicións únicas. Un legado que, á súa morte, deixará a Galicia, a través da Universidade de Santiago.

Redacción Salnés