Un cento de gaiteiros tocarán en beneficio de BATA

foliadalembranza copia.jpg VILAGARCÍA> A III Foliada Lembranza traerá este domingo á Baldosa música e un xantar solidario coa Asociación de Tratamento do Autismo.

{flowplayer}images/salnes/foliada_lembranza_ptac_120612.flv{/flowplayer} 

O 17 de xuño a partir da media mañá celebrarase en Vilagarcía a terceira edición da Foliada Lembranza; unha xornada de festa na que se darán cita os gaiteiros de toda a comarca da Arousa para actuar na rúa da Baldosa. A música fará un descanso ó mediodía, para xantar os menús dispostos a 5 euros pola organización.

Esta comida foi doada case integramente polos empresarios da contorna polo que os cartos recadados cos 400 menús previstos irán destinados case na súa totalidade á Baión Asociación de Tratamiento del Autismo, BATA. Amais da recadación, este evento servirá ós integrantes de BATA para estrearse profesionalmente no mundo da hostelería no que algúns deles xa levan meses formándose nesta mesma rúa da Baldosa, grazas a un convenio de colaboración ca Cafetería Lembranza.

As participacións xa están á venda de xeito anticipado nos locais da Baldosa. En caso de mal tempo, a iniciativa tería que trasladarse á finais de setembro, por mor dos compromisos profesionais dos participantes.

Redacción Salnés