Feijoo asegura que se investigará NGB pero ó seu debido tempo

    comisioninvestigacionnovagaliiciabanco copia.jpg SANTIAGO> O titular da Xunta pospón a creación da comisión ata que se coñezan as necesidades de recapitalización da entidade.

    {flowplayer}images/salnes/soadianto_NGB.flv{/flowplayer}

    A situación financeira de Novagalicia Banco e o rescate á banca anunciado esta fin de semana polo Executivo central acapararon esta mañá o debate no Parlamento de Galicia. PSdeG e BNG volveron a alzar a voz para esixir ó Goberno da Xunta que cree unha comisión de investigación para que os responsables das Caixas de Aforro poidan render contas á poboación sobre a súa xestión. O titular do Goberno Galego, Alberto Núñez Feijoo, reiterou que esa comisión se creará, pero cando se coñezan as necesidades de recapitalización de Novagalicia Banco.

    Desde a oposición, o líder do PSdeG, Pachi Vázquez, propuxo a creación dunha ‘fronte común’ entre tódolos partidos galegos para solicitar ó Banco de España que, unha vez se produza esa recapitalización, NGB non se ‘subhaste por un euro’.

    No BNG contribuíron a aumentar a tensión plenaria cando varios deputados exhibiron unha pancarta co lema ‘rescate para a banca, roubo para o pobo’, mentres a súa voceira, Ana Pontón, acusou a Feijoo de tratar de impedir a investigación ‘porque sabe que pode haber responsabilidades penais’.

    Redacción Salnés