Poio celebra catro días de festa o San Xoán

    POIO> Ca crise, o Concello de Poio axusta o orzamento para as festas pero non escatima, mantendo os catro días de festexos habituais.

    {flowplayer}images/salnes/ptac_san_xoan_poio_130612.flv{/flowplayer}

     Unhas celebracións que comezan xa esta fin de semana. Xa o día 22 procederase á lectura do pregón e á entrega de premios ós deportistas destacados do Concello e ós escolares premiados no concurso de carteis deste ano, rematando a xornada ca degustación de rosca de balde.

    Aínda que como é de xustiza con San Xoán, os actos fortes comezan o véspera do día do patrón. Xa o domingo 24, actuarán as orquestras La Bámbola e Fin de Siglo que darán paso ós sucesivos días de festa.

     O programa esta listo, tal e como se pode ver no cartel gañador do concurso deste ano, co que desde o Concello convidan a veciños e visitantes a participar nas festas.

    Redacción Salnés