Portela: ‘A Liga vai estar máis igualada ca nunca’

DX7> Connosco estiveron o presidente da Liga Galega de Traíñas, Diego Portela, e Feliciano Suárez, presidente do Club de Remo Vilaxoán. Con ambos falamos tanto das profundas novidades que presenta este ano a competición como dos favoritos a levarse o título.

{flowplayer}images/salnes/trainas_190612.flv{/flowplayer} 

Restan apenas dez días para que dé comezo a Liga Galega de Traíñas e os equipos ultiman detalles de cara a súa posta a punto. A Liga A arrancará dende o porto de Sanxenxo mentres que a B vaino facer en Vigo. Un formato novidoso que non foi sinxelo de introducir.

O certo é que tres equipos arousáns estarán entre os supostos mellores, Cabo, Vilaxoán e o actual campión Amegrove, e os outros tres na Liga B, Mecos, Rianxo e Puebla. Estas dúas divisións daranlle un maior atractivo á competición, tanto pola igualdade que vai existir no mar, como polos ascensos e descensos de categoría.

Entre a nómina de favoritos a levarse o título aparace Vilaxoán. Feliciano Suárez acepta con agrado o aviso mandado ós rivais polo patrón da súa embarcación na presentación da liga: dixo que ían a polo título.

Sen embargo, o gran favorito volve a ser Amegrove, gran dominador nos últimos dous anos. O equipo sufríu varias baixas pero reforzarase cos rapaces do xuvenil. Chapela e Meira serán outros dos candidatos ó campionato. O que se quedou fóra para sorpresa de moitos, foi Mecos. Os de Rons tentarán acadar un bo posto na Liga B que lles permita acceder ó playoff de ascenso.

Redacción Salnés