As beirarrúas entre Oubiña, Sete Pías e Pontearnelas estarán en xullo

    louzanpontearnelas copia.jpg SALNÉS> A Deputación de Pontevedra prevé que a actuación estea lista para a romaría de Santa Marta e o paso da Volta.

    {flowplayer}images/salnes/VISITA_LOUZAN_PONTEARNELAS.flv{/flowplayer}

    O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, estivo supervisando a evolución das obras que se están a realizar no entorno de Ponte Arnelas. Melloras que están a consistir na construción de beirarrúas e habilitación de espazos para que os residentes da zona poidan camiñar con seguridade nunha estrada que rexistra un gran volume de tráfico, sobre todo de vehículos pesados. A actuación implica a varios núcleos de poboación, desde a parroquia cambadesa de Oubiña e do polígono de Sete Pías ata Ponte Arnelas, e na zona do campo de fútbol de As Chans. Polo de agora as obras avanza a o ritmo, a pesar dalgún atranco pola cesión de terreos por parte dos veciños.

    Entre eles a senda do Umia, empregada nestes intres por centos de persoas e que segundo anunciou Louzán, se ampliará en breve desde Ponte Arnelas ás Aceñas de Baión, Vilanova.

    O vinte e nove de xullo é a data que se marca como límite para rematar estas actuacións. Nese día terá lugar a romaría de Santa Marta, celebración que atrae a centos de peregrinos que percorren esta zona. Aínda que este non é o único evento que apura o remate da obra. A volta Ciclista a España tamén concentrará no punto a milleiros de persoas ó pasar por aquí a contrarreloxo, polo que se pretenda que os espectadores teñan unha zona perfectamente habilitada para contemplar a cita.

    Redacción Salnés