O saneamento do Saco de Fefiñáns botará a andar ‘de inmediato’

    agustin_hdez_cambados100.jpgCAMBADOS> Así o indicou o conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, na visita que realizou a este concello o sábado. Segundo sinalou, en breve iniciarase a tramitación …

    {flowplayer}images/salnes/HERNANDEZ_CAMBADOS_250612.flv{/flowplayer}

    … para executar, con 100.000 euros, o proxecto de recollida de vertidos, que xa está redactado.

    Esta primeira fase arranxará o saneamento dunha rúa paralela á estrada autonómica que une Vilagarcía e Cambados, xa que o seu sistema de sumidoiros verte directamente sobre un dos regatos que chegan ó fondo do Saco.

    O conselleiro adiantou que tamén están a rematar o deseño do proxecto da segunda fase, que custará millón e medio de euros e que está pendente de atopar os terreos axeitados para instalar un tanque de tormentas.

    Agustín Hernández tamén anunciou que este xoves día 28 se publicará no DOG a licitación do proxecto para a impermeabilización do depósito da Mancomunidade do Salnés, situado en Vilanova. O orzamento ascende a 130 mil euros.

    O conselleiro de Medio Ambiente fixo estas declaracións en Cambados onde supervisou as obras de urbanización da avenida de Galicia, na que a Xunta investiu máis de 600 mil euros. O proxecto permitiu ampliar as beirarrúas, colocar alumeado e mobiliario urbano e renovar os servizos de saneamento, recollida de augas pluviais e abastecemento de auga.

    Redacción Salnés