Os cambios de tráfico en Abesadas buscan máis fluidez e seguridade

    reordenaciontraficaabesadas100.jpgRIBEIRA> Primeira xornada laborable cos cambios de tráfico introducidos no barrio de Abesadas que se puxeron en marcha esta fin de semana.

    {flowplayer}barbanza/reordenaciontraficoabesadas.flv{/flowplayer}

    Os cambios na circulación consistiron en dotar de sentido único ás rúas Xohana Torres e Carlos Casares que se suman á de Clara Campoamor na que xa se viña circulando nunha soa dirección.

    O mesmo acontece nun treito da rúa Estatuto, nas inmediacións do colexio galaxia, unha vía na que se rexistraban constantes retencións especialmente nas horas de entrada e saída do centro.

    Máis seguridade

    A reordenación que entrou en funcionamento esta fin de semana ten por obxectivo incrementar a seguridade tanto dos condutores como dos peóns. Nestas primeiras xornadas analizarase o resultado dos mesmos por si é necesario introducir novas modificacións circulatorias.

    Redacción Barbanza