A Volta a España contará cun auténtico cartel de luxo

PONTEVEDRA> O Director da Volta a España, Javier Guillén, visitou esta mañá Pontevedra, onde mantivo unha reunión co presidente provincial, Rafael Louzán. Posteriormente, en rolda de prensa, deron a coñecer ós últimos datos en relación ó evento e o cartel de deportistas que participarán, enhtre os que destacan Alberto Contador e Andy Schleck.

{flowplayer}images/salnes/Volta_260612.flv{/flowplayer} 

Vanse ultimando detalles con respecto ó paso da Volta Ciclista a España por Pontevedra, durante catro días a finais do mes de agosto. Hoxe estiveron no Pazo Provincial Abraham Olano e Javier Guillén, onde mantiveron unha xuntaza con Rafael Louzán e Begoña Estévez. O director da Volta amosouse entusiasmado polo cartel que presenta a proba este ano, non só polo seu percorrido, senón polos ciclistas que comparecerán, como Alberto Contador, Andy Schleck, Purito Rodríguez ou Igor Antón. A esta nómina de ciclistas poderían unirse algún outro dos que disputen o Tour de Francia.

Guillén sinalou ademais que están a traballar para que Televisión Española emita tódalas etapas pola súa primeira canle. Louzán pola súa parte asegurou que a coordinación coa que se está a traballar entre Volta, Deputación e concellos, fará que a provincia de Pontevedra viva unhas xornadas históricas no mes de agosto.

Por último, Guillén deu a coñecer que a organización da Volta desprazará diariamente case 1.600 persoas e asumirá a contratación de 1.200 camas a diario. Ademais, utilizarán máis de 600 vehiculos.

Redacción Salnés