‘Gelucho’ será o adestrador do CD Boiro a tempada que vén

novoadestradorboiro.jpgBOIRO>preparador teense xa foi presentado no municipal de Barraña.

{flowplayer}barbanza/novoadestradorboiro.flv{/flowplayer}

A directiva do Club Deportivo Boiro presentaba esta tarde no campo municipal de Barraña ó que será o novo adestrador da primeira plantilla para a vindeira tempada, un posto que recaerá en Rogelio Gómez, máis coñecido coma Gelucho, e que nos últimos cinco anos veu dirixindo ó Santa Comba, tanto na súa etapa en Terceira División coma na Rexional Preferente. Trátase, segundo sinalou a propia directiva, dun preparador con sobrada experiencia e que consigue dos seus equipos que practiquen un bo fútbol.

Agradecementos

O adestrador teense agradeceu a confianza amosada polo Boiro e que tivesen reparado nel para dirixir a nova tempada do club.

Pendentes dos avais

O club non perde aínda as esperanzas de poder saír en Terceira División o ano que vén. Unha resposta que se coñecerá esta fin de semana.

Continuidade dos xogadores

De cara a vindeira tempada, o club agarda poder contar coa práctica maioría da actual plantilla de xogadores, nun 60 ou 70%, reforzando algúns postos, aínda que a última palabra será a do adestrador.

Redacción Barbanza