O sábado arranca a máis atractiva LGT dos últimos tempos

SANXENXO> Esta fin de semana arranca en Sanxenxo a Liga Galega de Traíñas. A I Bandeira Nauta, organizada polo C.R.Amegrove, foi presentada esta mañá. O máis rápido cos tempos sumados entre as regatas de sábado e domingo levarase o trofeo. Esto claro, para a Liga A, a Liga B arrancará tamén o sábado, en Vigo.

{flowplayer}images/salnes/trainas_280612.flv{/flowplayer} 

O sábado arranca a Liga Galega de Traíñas máis atractiva dos últimos anos. O novo formato de dúas divisións promete dar máis espectáculo ca nunca. Sobre todo na Liga A, que arranca esta fin de semana en Sanxenxo, con Cabo de Cruz, Vilaxoán e Amegrove como representantes arousáns. Os de Porto Meloxo son ademais os encargados de organizar este regata inaugural.

A I Bandeira Nauta irá a parar a mans da mellor embarcación no sumatorio dos tempos de sábado e domingo. Xunto á defensora do título e anfitriona, Meira e Chapela parten como grandes favoritos tanto para levarse a liga como para o triunfo nesta regata, que reparte 12.000 euros en premios.

A Liga B comezará en Vigo, o sábado e continuará o domingo coa Bandeira da Guardia. Nela estarán outros tres arousáns: Mecos, Rianxo e Puebla. Todos terán a vista posta tanto no primeiro lugar da clasificación, que dá o ascenso directo para o vindeiro ano, como no segundo e terceiro posto, que permite acceder a un playoof de promoción.

Redacción Salnés