POIO> Jose Juan Durán visitou esta mañá Poio para proceder ó izado da bandeira azul do porto de Combarro, acompañado do alcalde Luciano Sobral.
{flowplayer}images/salnes/IzadoBandeiraCombarro_050702.flv{/flowplayer}
A Bandeira Azul xa loce no porto deportivo de Combarro. Un distintivo que recoñece principalmente a calidade das augas, a xestión medioambiental, a seguridade e os servicios ofrecidos. Co de Combarro son 14 os portos de Galicia que posúen Bandeira Azul, un recoñecemento moi buscado durante anos pola súa empresa concesionaria, Combarromar.
O porto de Combarro conta con 335 prazas, das cales, ó redor dun 30% están reservadas para o tránsito do turismo náutico. Un turismo, sobre todo estranxeiro, que comezou a chegar nestes primeiros días de verán e que se pretende potenciar dende o concello.
O presidente de Portos de Galicia felicitou tanto a Cameáns como a Luciano Sobral pola consecución desta Bandeira Azul. Asimesmo, Durán sinalou que dende o organismo que el preside, estase a traballar para que outros seis portos da comunidade poidan obter este distintivo en 2013.
Redacción Salnés