O Son segue a apostar pola accesibilidade coa compra dunha cadeira anfibia

    cadeiraanfibia100.jpgPORTO DO SON> O concello e COGAMI adquiriron unha cadeira anfibia para que as persoas con mobilidade reducida poidan desfrutar do medio mariño.

    {flowplayer}barbanza/cadeiraanfibia.flv{/flowplayer}

    Desafiando o mal tempo, David foi o primeiro en probar a cadeira anfibia que vén de adquirir o concello. E foi precisamente el o encargado de estrealo posto que foi tamén el, quen hai un ano lle transmitiu ó agora alcalde o seu desexo de poñer bañarse.

    A compra da cadeira valorada nuns tres mil euros foi posible grazas ás xestións de COGAMI polo que o concello tan só tivo que achegar unha contía de mil setecentos euros. Deste xeito, seguen avanzando na colaboración para facer de Porto do Son e de toda a comarca un lugar accesible para tódalas persoas. 

    Intinerario accesible

    Ademais da adquisición da cadeira que permanecerá todo o verán na praia do Cruceiro, o concello habilitou prazas de aparcamento para discapacitados e deseñou un itinerario peonil accesible ata o areal.

    O esforzo inversor ben paga a pena tan só con ver o gratificante da experiencia segundo o seu principal protagonista.

    Redacción Barbanza