Deputación e D.O. Rías Baixas reforzarán a súa colaboración

    PONTEVEDRA> Louzán recibiu esta mañá a Juan Gil de Araújo para abordar a situación actual do sector e as liñas de colaboración que manteñen ambas institucións.

    {flowplayer}images/salnes/LouzanNovoPte_090712.flv{/flowplayer} 

    Rafael Louzán recibíu esta mañá no Pazo Provincial ó recentemente elexido novo presidente do Consello Regulador da D.O.Rías Baixas, Juan Gil de Araújo. Tras agradecer a extraordinaria labor do anterior presidente, Ramón Meiriño, o presidente da Deputación subliñou que na DO Rías Baixas “estase acertando de pleno e estanse facendo moi ben as cousas”, xa que “non hai politización”.

    Louzán amosou o compromiso da Administración provincial con este sector, do que dependen máis de 7.000 viticultores, numerosas adegas e postos de traballo. Tamén tivo verbas de cariño e confianza cara Gil de Araújo.

    A Deputación e o Consello Regulador manteñen xa diversas liñas de colaboración, como a ruta do Viño Rías Baixas, que é xa a cuarta ruta de España por número de visitantes; ou o proxecto Viñas Atlánticas, que está permitindo aos viticultores facer un control exhaustivo das pragas. Precisamente, a Deputación anunciou que vén de solicitar á Unión Europea un segundo proxecto Viñas Atlánticas.

    Gil de Araújo, pola súa parte, asegurou que con el de presidente o obxectivo continuará a ser a internacionalización dos Rías Baixas. Tamén lle tendeu a man ós seus primeiros detractores.Asimesmo tampouco se amosou demasiado precoupado polas previsións que apuntan a unha colleita escasa neste 2012.

    Redacción Salnés