Manuel Vázquez deixará a Alcaldía da Illa polo Congreso

    A ILLA> O Alcalde da Illa, Manuel Vázquez, podería deixar este cargo nos vindeiros días para pasar a formar parte…

    {flowplayer}images/salnes/manuel_vazquez_deputado.flv{/flowplayer}

    … do equipo parlamentario do PSOE no Congreso do Estado. Este compromiso xa fora asumido polo rexedor illense desde que figuraba no posto número 3 dos seu partido pola provincia de Pontevedra; agora, trala renuncia de viguesa Carmela Silva a esta praza, todo apunto a que será el o que ocupe o seu posto na Cámara Baixa.

     Aínda así Vázquez non quixo adiantar acontecementos porque asegura que ate o de agora non tivo unha chamada oficial do partido para comunicarlle este novo nomeamento; un feito que podería tardar pola gravísima enfermidade que padece a socialista viguesa e que a tería de baixa médica desde as últimas horas.

    Parece que é cuestión de agardar un pouco máis para que este illense de pro chegue a Madrid. Sendo así, suponse que sería o primeiro tenente de alcalde Carlos Iglesias, o que asumira o mando deste concello peninsular. Desde que a Illa é un Concello independente de Vilanova, Manuel Vázquez foi o seu único alcalde, primeiro en maioría, e nesta última e cuarta lexislatura, grazas a unha cualición co BNG.

    Atrás deixa anos de traballo, sendo o trato de ti a ti, a municipalidade e a política cercana á cidadanía o que máis satisfeito o deixou. Agora mira cara a Madrid, onde seguirá a defender o seu concello e a comarca arousana nunha cámara que asegura que debe volver a vista cara os cidadáns e a municipalidade.

    Redacción Salnés