Seguen en folga para lograr a readmisión de sete traballadores

    manifestacioncampinaslaino100.jpgDODRO> Unha semana despois do inicio da folga, os traballadores de Campiñas Laíño volveron protagonizar unha nova concentración.

    {flowplayer}barbanza/manifestacioncampinaslaino.flv{/flowplayer}

    Dos vinte e dous concellos que integran a fundación da ruta xacobea mar de Arousa e Ulla, Ribeira tivo a honra nesta vixésimo oitava edición de ser o punto de partida deste percorrido que constitúe a orixe do camiño xacobeo.

    Preto de catrocentas persoas quixeron participar nesta ruta marítimo fluvial que recrea o camiño dos restos do apóstolo na volta a terra a bordo da súa barca de pedra. Precisamente, este valor cultural e histórico convértese nun reclamo turístico, nun momento en que as rutas xacobeas están en auxe, polo que tanto dende a fundación como da administración autonómica pretenden conservalo e poñelo en valor.

    Guías turísticas

    Aínda que o remonte é o acto central que se celebra anualmente, a fundación desenvolve moitas máis iniciativas encamiñadas á dinamización turística, cultural e económica dos concellos que a integran como a edición de guías, entre a que destaca a recente publicación dunha ruta de cruceiros no camiño, que constitúe o único via crucis marítimo do mundo.

    Redacción Barbanza