O BNG teme pola desaparición do Distrito Marítimo da Pobra

    bngpobracapitaniasmaritimas.jpgPOBRA> Para os nacionalistas a unificación dos mandos dos distritos marítimos da PobraRibeira prevista polo Goberno Central podería provocar a desaparición dun dos dous.

    {flowplayer}barbanza/bngpobracapitaniasmaritimas.flv{/flowplayer}

    O Bloque Nacionalista da Pobra do Caramiñal, a través do deputado no Congreso, Francisco Jorquera, e o deputado no Parlamento Galego, Bieito Lobeira, levará a estas dúas cámaras sendas iniciativas nas que pedirá explicacións ó Goberno Central e á Consellería do Mar respectivamente, pola unificación do mando e as previsións de futuro dos Distritos Marítimos da Pobra e Ribeira. Dende as filas nacionalistas témese que co argumento da crise económica e a necesidade de recortes se produza a eliminación dun dos dous distritos. Segundo eles, no caso da Pobra levaría aparellado graves prexuízos para o importante sector pesqueiro

    Pregunta plenaria

    A súa intención pasa tamén por presentar un escrito no concello para coñecer se o equipo de goberno é coñecedor desta situación.

    Promesa incumprida

    Os nacionalistas pobrenses criticaron tamén o feito de que Portos de Galicia incumpra sistemáticamente a súa promesa de construír nas inmediacións da lonxa un novo edificio destinado ó Distrito Marítimo, esixindo que as dúas Admonistracións, tanto a Central coma a Autonómica, garanta, a permanencia do Distrito da Pobra, xa que contribúe a axilizar os procesos administrativos que favorecen o traballo do sector produtivo e da actividade marítima en xeral e a eliminar trabas burocráticas e desprazamentos innecesarios das persoas adicadas ó sector do mar na localidade.

    Redacción Barbanza