Nova manifestación dos afectados polas preferentes en O Grove

    O GROVE> Os afectados polas participacións preferentes  concentráronse diante da sucursal de Novagalicia Banco.

    {flowplayer}images/salnes/ConcentracionPreferentes_130712.flv{/flowplayer} 

    Non cesan no seu empeño. Ata que lles dean unha solución ou lle devolvan os seus cartos, aseguran que non pararán de protestar. Ataviados con pancartas e camisetas con mensaxes reivindicativas, portando bociñas e silbatos, medio centenar de clientes de Novagalicia Banco reuníronse ás portas da sucursal da entidade no centro de O Grove. De novo, volvemos a oír numerosos casos de presuntas estafas e enganos bancarios.

    Apoiando ós clientes de Novagalicia Banco, unha parella de Portonovo, afectados tamén polas participacións preferentes, pero neste caso no BBVA.

    A Plataforma do Salnés de afectados  polas participación preferentes seguirán a manifestarse nos vindeiros días. Prometen dar moita guerra ante unhas entidades bancarias polas que se sinten estafadas.

    Redacción Salnés