Primeira sentencia favorable ós afectados polas preferentes

    MEAÑO> NovaGalicia Banco ven de ser condenada a pagar a cantidade que investiu en participacións preferentes…

    {flowplayer}images/salnes/sentenza_preferentes_meano.flv{/flowplayer}

    … un veciño de Meaño, no ano 2008. O Xulgado número 1 de Cambados recoñeceu que houbera un erro de consentimento no caso de José Luís Castro; polo que a entidade bancaria deberá devolverlles os seus algo máis de 7.500 euros, cos intereses de demora, e as costas do xuizo.

    Castro Méndez non cabía en si tralo anuncio de Novagalicia Banco de non recorrer a sentencia a unha instancia superior. Aínda así agarda a ter os cartos na man para acabar de alegrarse. José Luís gañou esta batalla de David contra Goliat pero atrás quedan moitos momentos de preocupacións, estres e dificultades nos últimos meses, desde outubro, cando decidiu poñer o caso en mans da súa avogada.

    Engade tamén que os que venderon estes productos en cada oficina eran perfectamente conscientes de que estaban a enganar ós clientes; ó que non contaron é que a crise destapara este tipo de productos fraudulentos, que como no seu caso caducaban máis aló do que agarda que sexa a súa esperanza de vida. Agora tan pronto como recupere os cartos poñerá en orde as súas finanzas, e seguirá sendo cliente deste banco posto que aínda lle queda parte da hipoteca por saldar.

    Este meañés de 50 anos, casado e con fillos, sabe que o seu caso sentará un precedente importante; unha xurisprudencia da que poderán votar man outros afectados de toda Galicia. Non obstante o seu caso deu a volta á Galicia nas últimas horas. Unha vez superada a súa experiencia, Castro Méndez recomenda ós afectados seguir loitando.

    É máis, el como Delegado dos Veciños Afectados polas Participacións Preferentes e subordinadas de Dena, en Meaño; continuará axudando a outras víctimas destes productos bancarios considerados tóxicos. Tal é así, que antes de rematar a entrevista lémbranos a gran mobilización de afectados para toda Galicia prevista para o vindeiro día 21 en Santiago.

    Redacción Salnés