A Ruta Espiritual do Salnés é válida para obter a Compostela

    O SALNÉS> Os peregrinos que xa están chegando a Santiago logo de percorrer a Ruta Espiritual do Salnés

    {flowplayer}images/salnes/selos_camino_portugues.flv{/flowplayer}

    … poden obter a Compostela en igualdade de condicións que aqueles que ate o de agora percorrían o Camiño Portugués. Foron as xestións dos Alcaldes dos Concellos de Cambados, Ribadumia, Vilanova e Meis e a colaboración de Tino Lores as que fixeron posible que a Igrexa Autorizase esta variante.

    E é que este non é un camiño inventado, senón que o Padre Sarmiento xa falara del daquela. Agora, aproveitando os recursos actuais quen o desexe pode percorrer esta nova ruta que pasa polos Mosteiros de Poio e Armenteira, e chega, se o desexan, ata a futura estación marítima de Vilanova, onde se pode embarcar río arriba. Se non fose posible polas condicións meteorolóxicas, cabe a posibilidade de que os peregrinos pernocten no Mosteiro de Armenteira, en Meis.

    Para acreditar o paso dos visitantes, tanto os dous mosteiros, como as oficinas de turismo dos catro concellos do Salnés dispoñen de cadanseu selo. Con eles, e cos quilómetros necesarios feitos poden conseguir a Compostela, unha vez chegados á Capital de Galicia.

    Redacción Salnés