O executivo rianxeiro consegue a cesión dos locais do ISM

    cesionismrianxo.jpgRIANXO> O equipo de goberno estuda agora o seu futuro uso, unha vez realizadas as correspondentes obras de rehabilitación.

    {flowplayer}barbanza/cesionismrianxo.flv{/flowplayer}

    Despois de varios anos de xestións, moitas delas iniciadas xa polo anterior equipo de goberno presidido por Pedro Piñeiro, o concello de Rianxo vén de conseguir a cesión para uso municipal das dependencias do Instituto Social da Mariña, ubicadas na rúa Rosalía de Castro. Dende o traslado do centro de saúde ás novas instalacións da Martela, as ditas dependencias quedáronse practicamente baleiras, a excepción da segunda pranta do inmoble que a día de hoxe segue a ser empregado como oficinas do ISM. A cesión, que será nun primeiro momento por un período de cinco anos, afectará ó soto, planta baixa e primeiro andar..

    Usos futuros

    Os usos futuros desta instalacións aínda están por ver, aínda que todo parece indicar que se destinará a usos administrativos e sociais do propio concello. Dende hai tempo o executivo rianxeiro estudaba ubicar alí o futuro centro de día, aínda que a mala situación económica e a falla de investimento fai que o proxecto deba a agardar a tempos mellores.

    Redacción Barbanza