Nos últimos tres meses rexistráronse na provincia 116.900 parados

    parocopy.jpgPONTEVEDRA> Estes datos coñecéronse hoxe a través da última Enquisa de Poboación Activa. Pola súa banda, en Galicia o paro subiu en 10.300 persoas.

    {flowplayer}images/salnes/RESULTADOS_EPA_270712.flv{/flowplayer}

    Os últimos datos coñecidos hoxe sobre o paro a través da Enquisa de Poboación Activa seguen sen darnos un respiro. No segundo trimestre do ano, a pesares de coincidir co inicio da tempada estival, rexistráronse 53.500 parados máis, situándose o número total de desempregados en case 5 millóns setecentas mil persoas, o nivel máis alto desde o 2001.

    Ademais ata agora o sector terciario era o que salvaba en certa maneira estas cifras. Pola contra, este ano, entre abril e xuño, destruíronse 15.900 postos de traballo mentres que no mesmo período do ano pasado creáronse 151.400.

    Se nos centramos en Galicia, aquí o aumento do número de desempregados foi o quinto maior por comunidades ó subir en 10.300 persoas. Pola súa banda, Pontevedra é onde se concentran máis parados con cifras que ascenden ás 116.900 persoas. Ante este panorama, para moitos a única alternativa é o estranxeiro.

    E en medio de tanta cifra quédense con esta, nestes momentos en España o número de ocupados non chega ós 17 millóns e medio de persoas, o seu nivel máis baixo desde o terceiro trimestres de 2003.

    Redacción Salnés