Miles de persoas participaron na 43 edición da Festa do Carneiro ó Espeto

    carneiro_espeto2012_copy.jpgMORAÑA> A Carballeira de Santa Lucía volveu acoller esta celebración onde, nesta ocasión, se cociñaron 148 carneiros.

    {flowplayer}images/salnes/CARNEIRO_ESPETO_310712.flv{/flowplayer}

    Miles de persoas dos arredores e de diferentes puntos da xeografía galega déronse cita este domingo na Carballeira de Santa Lucía de Moraña para participar na corenta e tres edición da Festa do Carneiro ó Espeto.

    Unhas nove persoas traballaron arreo desde as seis da mañá para que os 148 carneiros que se asaron este ano estiveran listos para a hora de xantar. E é que é unha festa que xa é toda unha tradición nesta localidade pero que, aínda así, non deixa de sorprender ós que se achegan ata alí.

    Pola súa banda, a alcaldesa, Luisa Piñeiro, fixo unha valoración máis que positiva ó termo desta romaría declarada xa de Interese Turístico Galego. O segredo, segundo ela, recae na calidade dos carneiros e, por suposto, no traballo da organización. Palabras ás que se uniu o Presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán.

    Mentres isto acontecía o domingo, o sábado Moraña acolleu unha Gran Gala onde participaron varios artistas do panorama nacional encabezados por David Civera.

    Redacción Salnés