POIO> As medallas para os deportistas españois estanse a resistir nos Xogos de Londres. Onde non se resistiron foi nos Xogos Europeos para Policías e Bombeiros, que veñen de celebrarse en Tenerife. Ata alí desprazouse a axente da policía local de Poio, Sonia Álvarez, que se trouxo a friolera de 5 medallas de ouro en natación. Hoxe recibíu unha merecida homenaxe no concello.
{flowplayer}images/salnes/EuropolybPoio_010812.flv{/flowplayer}
Xa nos ten acostumados a éxitos coma este, tanto en europeos como en mundiais. Pero desta volta foi o non vai máis. Cinco medallas de ouro para Sonia Álvarez no Europoluyb 2012, os xogos para policías e bombeiros celebrados hai uns días en Tenerife. De primeiras, o obxectivo era facer un bo papel na espalda, nos 50 e 100 metros e nos 50 mariposa, as súas especialidades. Cando chegou ás Canarias quixo probar sorte tamén nos 50 braza e 50 libres. E en ningunha tivo rival.
O concello quixo renderlle homenaxe a Sonia esta mañá, no salón de Plenos, nun acto no que tamén estiveron presentes os patrocinadores da axente da Policía Local.
Despois destas cinco medallas de outro, Sonia xa ten a vista posta no seguinte obxectivo, os mundiais do vindeiro ano en Belfast, onde o nivel das rivais sempre é un poco máis elevado.
Redacción Salnés