Os bárbaros tinguen de lama e viño o asalto ás Torres do Oeste

    VIKINGOS copia.jpg CATOIRA> Milleiros de persoas de dentro e fóra de Galicia déronse cita no municipio para asistir á súa festa máis sonada.

    {flowplayer}images/salnes/VIKINGOS_CATOIRA_060812.flv{/flowplayer}

    Roldaban as doce do día e no entorno das Torres do Oeste non collía xa unha ánima. Subidos ás Rochas, ás mesmas torres e incluso nas marismas, milleiros de persoas tomaron posición agardando ó invasores. Chegaron vinte minutos antes do previsto a bordo de tres drakkars. Aos melenudos vikingos realizaron un desembarco algo desorganizado este ano que contou cunha manobra sorpresa: o ataque por terra dun batallón que aproveitou a baixa marea.

    De seguido os berros e o ruído das espadar convertéronse na banda sonora da batalla mentres o viños tinto dos bárbaros tinguía a combatentes e espectadores. Viño tinto e lama, xa que a baixa marea converteu o campo de loita nunha auténtica lameira.

    Precisamente este abarrote de xente unido á baixa marea produciron o incidente da xornada: unha muller que esvarou por un empurrón involutario e acabou caendo sobre as rochas. O persoal de Emerxencias atendeuna de contado primeiro na ambulancia de Protección Civil de Vilagarcía para logo trasladala ó Hospital do Salnés. Á marxe deste suceso, a loita concluíu coa derrota dos bárbaros para dar paso a unha multitudinaria festa con xantar de confraternidade incluído.

    Redacción Salnés