VILAGARCÍA> A Conselleira do Mar non está convidada á Festa da Ameixa do 18 e 19 de agosto.
{flowplayer}images/salnes/InvitacionMarAmeixa_070812.flv{/flowplayer}
Rosa Quintana non acudirá á Festa da Ameixa de Carril, canda menos non está convidada polos organizadores, a Agrupación de Parquistas, que non lle darían a benvida. O motivo: a presentación do novo decreto sobre a reordenación dos parques de cultivo que non gustou nada ós parquistas. De feito, xa presentaron alegacións para que este sexa abolido.
José Luís Villanueva aclarou para Canalriasbaixas que se as súas peticións non son atendidas, optarán pola vía xudicial. Non entenden tampouco a postura da outra Agrupación de Parquistas, a da Virxe do Carme.
O que sí foi convidado, foi o Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo. Iso sí, pídenlle que non delegue en ninguén esa responsabilidade.
As agrupacións de parquistas teñen ata o vindeiro xoves para presentar alegacións e ata o día 17 para os recursos individuais.
Redacción Salnés