David Cal cólgase a prata e xa é historia do olimpismo español

SALNÉS> David Cal converteuse no atleta español máis laureado de tódolos tempos ó rematar segundo no C-1 1.000 metros. O de Cangas asinou unha remontada primorosa nos últimos metros.

{flowplayer}images/salnes/davidCal_080812.flv{/flowplayer} 

Unha lenda, un lugar na historia do deporte español. Ahí colocouse esta mañá David Cal, no máis alto do olimpismo nacional tras acadar a quinta medalla nuns Xogos, que lle fai superar as catro que acumulaban ata o de agora Arantxa Sánchez Vicario e Joan Llaneras.

Foi Atenas o que víu a explosión deste monstruo da canoa, onde acadou un ouro e unha prata. En Pekín serían outras dúas pratas e hoxe, por cuarta vez, subíuse ó segundo peldaño do podium.

Foi nunha carreira non apta para cardíacos, na que todo semellaba perdido a falta de 250 metros. Cal non arrancou ben, como tampocuo o fixo o gran favorito, o húngaro Atila Vajda, que remataría lonxe das medallas.

O alemán Sebastian Brendel marcou un ritmo infernal dende o inicio ó que só foron quen de seguir o representante canadiense e o francés. Cal chegou sexto ós últimos 250 metros e foi entón cando sacou o mellor de sí mesmo, cun sprint final antolóxico no que foi recollendo cadáveres ata rematar segundo por detrás de Brendel. Uns metros máis e o ouro viaxaría para Cangas. O canadiense Mark Oldershaw foi bronce.

 Obxectivo cumprido para Cal que chegaba coa vista posta nas medallas e non errou. Quen sabe se o de Cangas poderá estar presente en Río, dentro de catro anos, para agrandar a súa lenda, nos que serían os seus cuartos Xogos Olímpicos.

Redacción Salnés