Feijoo aposta por unir náutica e pesca para crear emprego

    feijooinauguracionnautico100.jpg BOIRO> O presidente da Xunta de Galicia inaugurou as instalacións do náutico deportivo de Cabo de Cruz.

    {flowplayer}barbanza/feijooinauguracionnautico.flv{/flowplayer}
     
    O presidente da Xunta, acompañado pola Conselleira do Mar e numerosas autoridades e representantes sociais da comarca, tivo ocasión de percorrer as instalacións do novo náutico de Cabo de Cruz. Unhas instalacións modernas e accesibles que pretenden converter a esta, aínda modesta mariña, nun referente a tódolos niveis.
     
    Neste primeiro ano de vida, a mariña Cabo de Cruz, froito da iniciativa privada, conta xa con 150 prazas de amarre e agarda seguir medrando ata superar as cincocentas.
     
    O presidente da Xunta de Galicia felicitou ós responsables do proxecto por ten dado un paso máis na economía do concello complementado a actividade pesqueira coa náutica. Precisamente, o principal obxectivo da Xunta e compatibilizar os usos do porto, facendo que convivan en perfecta harmonía a actividade produtiva coa náutica deportiva.
     
    Novos investimentos
     
    Con este obxectivo, seguirá traballando o goberno galego que ó longo deste ano ten previsto elabora ro proxecto de construción dos pantaláns para embarcacións bateeiras no porto crucense.
     
    Tan só no último mes, a Xunta de Galicia puxo a disposición dos galegos infraestruturas portuarias por valor de 36 millóns de euros, o que dá idea do compromiso do goberno coa dinamización do mar en tódolos seus ámbitos.
     
    Redacción Barbanza