‘A débeda da Deputación de Pontevedra é de 112 millóns de euros’

    psoe_deputacioncopy.jpgVILAGARCÍA> Así o desvelaron desde as filas socialistas. Sacaron á luz, tamén, que o déficit desta administración no 2011 foi duns trinta millóns de euros.

    {flowplayer}images/salnes/SITUACION_ECONOMICA_DEPUTACION_PSOE.flv{/flowplayer}

    Un déficit no 2011 de case trinta millóns de euros. Isto é o que se esgrima do último informe do departamento de intervención da Deputación de Pontevedra e así o deron a coñecer esta mañá os socialistas da provincia. Uns resultados que, segundo o Secretario de Política Económica da Executiva Provincial do PSOE, amosan que esta administración viviu, sempre, por riba das súas posibilidades.

    Ante estas cifras, sinalaron desde as filas socialistas, a administración provincial foi obrigada a facelo Plan Económico e Financeiro (no que se inclúe dito informe) para os vindeiros tres anos por ese importe. Unha obrigatoriedade que ven, ademais, porque a débeda da Deputación é dun 83’3% cando o límite, segundo a Lei de Estabilidade Orzamentaria, é do 75%. Todo, cando xa en maio tiveron que facer un plan de axuste.

    En total, cando o orzamento para este ano (que segundo os socialistas foi aprobado con nocturnidade e aleivosía) é de 152 millóns de euros, a débeda total da Deputación é de 112 millóns de euros. Segundo a oposición, a administración galega máis endebedada.

    Ante esta situación, desde o PSOE consideran primordial unha reestruturación do papel das deputacións. No caso da de Pontevedra, de continuar así, aseguran, a situación podería rematar en suspensión de pagos.

    Redacción Salnés