A Festa da Ameixa homenaxeará ó xornalista Joaquín Merino

    festa_ameixacarrilcopy.jpgCARRIL> A Festa será os días 18 e 19 de agosto. A organización agarda repartir seis mil racións nesta vixésima edición da celebración.

    {flowplayer}images/salnes/PTAC_AMEIXA_CARRIL_2012.flv{/flowplayer}

    Os días 18 e 19 de agosto a cita gastronómica vai estar, sen dúbida, en Carril coa celebración da súa vixésima edición da Festa da Ameixa. A celebración arrancará o sábado ás seis da tarde co tradicional concurso de degustación onde se repartirán tres premios de mil euros, cincocentos e douscentos cincuenta respectivamente.

    O domingo, no día grande, a festa comezará pouco antes das doce do mediodía coa recepción das autoridades, a lectura do pregón, que este ano correrá a cargo de Tacho González, e o nomeamento das novas damas e cabaleiros da Orde da Ameixa. A novidade estará na homenaxe que vai recibir o primeiro pregoeiro da Festa, Joaquín Merino.

    A venta de tickets para a degustación, pola súa banda, arrancará ás doce menos cuarto do mediodía. Segundo sinalou o patrón maior os prezos non variaron moito xa que a finalidade da festa é dar a coñecelo seu produto. Este ano agardan repartir seis mil racións.

    Pola súa banda, o pregoeiro, Tacho González, confesou estar moi honrado ó ser elixido pregoeiro. Desde o concello amosaron, tamén, o seu apoio a esta festa dado a repercusión que ten para todo o municipio.

    Redacción Salnés