Nava Castro inaugura a V Feira de Artesanía e Comercio de Cambados

    feira_artesaniacopy.jpgCAMBADOS> A mostra ocupará o Paseo da Calzada durante toda a fin de semana. Verase complementada, un ano máis, pola Festa Europea do Viño.

    {flowplayer}images/salnes/FESTA_EUROPEA_VINO_2012.flv{/flowplayer}

    Téxtil, madeira, encaixe, coiro, cerámica, bixutería ou pedra. Estes son algúns dos produtos que os que se acheguen esta fin de semana a Cambados poderán atopar na quinta Feira de Artesanía e Comercio que, unha vez máis, acolle o Paseo da Calzada. Unha mostra que, segundo a Directora Xeral de Comercio, Nava Castro, non só serve como escaparate da marca Artesanía de Galicia senón que tamén posibilita as ventas directas.

    A feira vese complementada, un ano máis, coa Festa Europea do Viño. Amais dos albariños Rías Baixas, e do resto de caldos das Denominacións de Orixe galegas, os visitantes poderán coñecelos viños españois e europeos. Algo que, segundo Aragunde, crea cultura vitícola.

    Desde a organización agardan esta fin de semana unhas 25.000 persoas. A mostra, que terá un horario de 11.00 a 14.30 e de 17.30 a 22.00, verase complementada con actividades paralelas relacionadas coa música, a exposición de pezas e as demostracións en vivo.

    Redacción Salnés