6.500 entradas á venda para ver a España, entre 35 e 60 euros

PONTEVEDRA> O presidente da Deputación, Rafael Louzán, e o coordinador de partidos da Federación Española de Fútbol, Miguel Ángel López González, deron hoxe a coñecer o sistema de venda de localidades que se vai a utilizar con motivo do partido que enfrontará en Pasarón á Selección Española de Fútbol e a Arabia Saudí. Sairán á venta unhas 6.500 entradas e os prezos oscilarán entre 35 e 60 euros.

{flowplayer}images/salnes/NovidadesPartido_160812.flv{/flowplayer} 

Cada vez está máis preto o venres 7 de setembro, o día no que a selección española de fútbol xogará un encontro amigable ante Arabia Saudí en Pasarón, ás 22 horas, o primeiro en territorio nacional despois de acadar o triunfo na Eurocopa.

O presidente da Deputación de Pontevcedra, Rafael Louzán presentou hoxe diversas novidades sobre a adquisición de entradas. Os prezos oscilarán entre os 60 euros a máis cara na grada de Tribuna e a máis económica de 35 euros nas gradas norte e sur inferior. No caso das persoas con discapacidade a entrada variará entre os 15 e os 25 euros.

Habilitaranse dous sistemas para a súa compra. Por unha banda, a través de www.ticketmaster.es e mediante os caixeiros de La Caixa a partir do xoves 23 de agosto. O número de localidades á venda a través de internet será limitado para garantir a existencia de entradas nas propias taquillas do estadio. Aquí os socios do Pontevedra terán preferencia e a eles destinarase outro paquete fixo de entradas que poderán adquirir os días 30 e 31 de agosto. O resto do público poderá mercalas a partires do luns, 3 de setembro.

O de Pasarón é o campo con menos aforo de todos os que ten xogado a selección ata o momento. En total dispón de 10.923 localidades das cales se porán á venda 6.500. As restantes serán xestionadas pola Real Federación de Fútbol e irán dirixidas ós sponsors, compromisos institucionais ou autoridades, entre outros.

Ante o escaso número de entradas á venda, para que toda a cidadanía poida desfrutar da presenza da selección en Pontevedra vanse a organizar actividades paralelas. Instalaranse pantallas na Avenida de Montero Ríos para que os que non poidan asistir ó campo teñan a oportunidade de ver o partido e ó mesmo tempo visitar o museo itinerante da selección que estará instalado neste mesmo espazo en varias carpas. Ademais, haberá outras actividades como os adestramentos dos equipos en Pasaron ou roldas de prensa a cargo de fútbolistas e do seleccionador Vicente del Bosque.

Redacción Salnés