Un arousán entre os detidos nun operativo contra o tráfico de cocaína

    aljococa2 copia.jpg SALNÉS> A ‘Operación Espartana’ saldouse con 33 arrestados e uns tres mil quilos de cocaína interceptados a bordo dun buque que se dirixía ás costas galegas.

    {flowplayer}images/salnes/INCAUTACION_DROGA_CADIZ.flv{/flowplayer}

    A Policía Nacional vén de rachar un novo negocio entre os cárteles colombianos e narcotransportistas galegos. A ‘Operación Espartana’ daba onte os seus primeiros froitos logo de oito meses de investigación. O saldo: trinta e tres detidos e tres quilos de cocaína comisados. Axentes do Grupo Especial de Operacións da Policía apoiados pola Armada abordaban con dirección a Cádiz ó buque ‘Nikolay’ con bandeira búlgara e que transportada a droga en 108 fardos de 25 quilos cada un. Segundo fontes da investigación, unha organización de cidadáns búlgaros recollera o cargamento no Caribe para trasladalo por mar ata Galicia, en concreto a Costa da Morte. Aquí, un grupo de narcos galego encargaríase de recollela para facela chegar a mans dos irmáns Vélez, un coñecido clan colombiano asentado en Madrid. Na abordaxe en alta mar, os axentes apresaron ós vinte e un tripulantes que custodiaban a droga mentres que en terra, a Policía realizaba varias detencións en Madrid, Toledo e Galicia. En total, trinta e tres persoas detidas polo momento aínda que segundo fontes da investigación, a policía búlgara está procedendo ó arresto de máis persoas vencelladas a esta operación, que continúa aberta.

    No caso de Galicia, os arrestos producíronse entre Corcubión e Arousa. Aquí caeu o histórico Manuel Prado López, contra o que pesaba unha orde de arresto por delito fiscal. Os outros tres apresados na nosa comunidade foron o sarxento da Garda Civil José Álvarez-Otero, comandante durante anos en Corcubión e agora destinado en Navarra, Francisco José Lema, detido en Cee e un colombiano que se desprazara desde Madrid para controlar o desembarco da droga e traslado a Madrid. Todos eles pasaron esta mañá a disposición dos xulgados de Corcubión.

    A ‘Operación Espartana’ constitúe o segundo gran operativo no que vai de ano contra o narcotráfico por mar entre cárteles colombianos e narcos galegos. O primeiro caía en febreiro, cando era interceptado en augas do Atlántico o atuneiro grovense Ratonero con 3.500 quilos de droga a bordo.

    Redacción Salnés