Hoteleiros e surfistas reclaman que se regulen os espazos na Lanzada

    lanzadacopy.jpgLANZADA> Esa sería a solución, aseguran, ós conflitos que diariamente se xeran entre os bañistas e as escolas de surf que traballan no areal.

    {flowplayer}images/salnes/QUEIXAS_SURFISTAS_LANZADA.flv{/flowplayer}

    Miles de persoas pasan cada día por un dos lugares máis turísticos da comarca do Salnés, a praia da Lanzada. Pero lonxe de ser un lugar de descanso e relaxación para todos eles, a convivencia dos turistas coas escolas de surf está a provocar que cada vez sexan menos os que elixan este areal para pasalo día. Cando menos así o aseguran os hoteleiros da zona. Calculan que este ano a baixada na facturación pode chegar ó 70%.

    E é que este hoteleiro calcula que durante o verán pode chegar a haber ata unhas 15 escolas de surf, entre legais e ilegais. E moitos, asegurou, chegan a invadilas zonas de baño. En canto á responsabilidade di que é das administracións implicadas xa que na Lanzada dita actividade non está regulada.

    A solución pasa, por tanto, por regulala situación. Solución coa que tamén está de acordo unha das primeiras escolas de surf que se creou na Lanzada. Eles tamén reclaman o seu espazo pero recoñecen que a situación, tal e como está, non beneficia a ningunha das partes.

    Á espera de que lles dean unha solución, bañistas e surfistas terán que facer por convivir na praia da Lanzada.

    Redacción Salnés