A ILLA> O rexedor da Illa de Arousa culpa ó goberno central desta nova suba nos impostos.
{flowplayer}images/salnes/CartaIbiIlla_200812.flv{/flowplayer}
O alcalde da Illa, Manuel Vázquez, quixo dirixirse hoxe ós veciños do municipio para explicar as razóns que motivan a suba do IBI. O rexedor explica nela que o goberno de Mariano Rajoy decidíu subir este imposto de xeito unilateral, en decembro, cando se aprobou un decreto lei no que se incrementa o tipo nun 50%. Unha medida coa que están totalmente en contra pero coa que non poden loitar. Os veciños da Illa, a pesar de descoñecer a nova, resígnanse ante esta situación.
Na Illa de Arousa aplícanse dous tipos de gravame: o 0,45 % para os valores catastrais menores de 41.398 euros e o 0,50% para os superiores a el. O IBI non so aumentará este ano, senón que xa está anunciada unha nova suba de cara ó 2013.
Redacción Salnés