{flowplayer}images/salnes/OperativoTraficoVolta_220812.flv{/flowplayer}
Cambados será a localidade do Salnés á que máis lle afectará en termos de cortes de tráfico o paso da Volta a España. Practicamente todo o centro da vila estará pechado. Os corredores sairán da praza de Fefiñáns, dirixiranse ata a praza do Concello pasando pola rúa Príncipe, e sairán cara A Modia pola avenida de Vilariño e a avenida do Salnés. Está previsto instalar mil vallas que delimiten a zona de paso dos ciclistas. Sí estarán abertas a rotonda de Vilariño facilitando o enlace da comarca por estrada. Dende Corvillón poderase acceder ata Tragove e pola avenida de Galicia e avenida de Castrelo ata a praza do concello.
Se ben trátase dun só día, estamos diante dun evento que paralizará Cambados durante varias horas e obrigará ó concello a dispoñer de todo o seu persoal de seguridade.
Dende o concello estase a traballar para que a imaxe que Cambados proxecte o día 29 sexa a mellor posible. Hoxe anunciaron que serán colocados diversos debuxos alegóricos que se poderán contemplar dende o ceo. Unha botella de viño de case trinta metros de longo e seis de ancho que se instalará sobre o lombo que se ergue a carón da torre de San Sadurniño . Outro dos motivos deseñado sobre o chan será o logotipo da Volta a España o cal vaise instalar sobre unha explanada. A terceira figura que poderán contemplar os espectadores por medio da retransmisión televisiva será a dunha bicicleta xigante modelada mediante boias que estará flotando sobre o mar.
Segundo o alcalde, Luís Aragunde, non só as institucións estanse a volcar coa Volta Ciclista a España senón tamén tódolos veciños do concello.
Redaccíón Salnés