A Primitiva deixa en Vilagarcía un premio de case 300.000 euros

    loteriacopy.jpgVILAGARCÍA> Foi no sorteo de onte. O agraciado, cuxo boleto foi o único premiado, acertou cinco dos seis número e o complementario.

    {flowplayer}images/salnes/PREMIO_PRIMITIVA_240812.flv{/flowplayer}

    3, 10, 13, 20, 24, 48 e o complementario o 38. Estes foron os número que onte lle trouxeron sorte ó único agraciado que deixou o sorteo da Primitiva tras acertar cinco desas seis cifras e o complementario. Agora recibirá case trescentos mil euros, 294.186.

    O boleto foi vendido na administración de loterías número dous de Vilagarcía, situada na Rúa Rei Daviña. Esta mañá aínda eran moitos os que coñecían a nova pero, polo de agora, descoñécese a identidade do agraciado.

    Unha moi boa nova para esta administración non só pola ledicia que supón repartir un premio destas características, aseguraron, senón tamén porque repercute no seu negocio xa que son máis os que se animan a mercar algún boleto.

    Con todo, non era a primeira vez que nesta administración número dous repartían un premio destacado. O último foi en outubro do ano pasado cando entregaron a dous clientes habituais billetes galardoados con 120.000 euros.

    O único acertante do sorteo da Primitiva deixa agora un Bote de cas catro millóns de euros.

    Redacción Salnés