Arranca no Parque dos Pasales a I Feira de Oportunidades

    MEAÑO> Os asistentes poderán desfrutar de descontos de ata o 70% en gran variedade de productos.

    {flowplayer}images/salnes/FeiraOportunidadesMeano_240812.flv{/flowplayer} 

    Hoxe arrancou a I Feira de Oportunidades de Meaño, coa que se pretende reactivar o comercio do municipio. Os stands estarán colocados no Parque dos Pasales ata o domingo, onde poderanse atopar dende roupa a calzado ata productos de cosmética, viños ou automoción. A feira está organizada pola asociación Corazón de Meaño e enmárcase dentro da III Campaña Comercio e Uva.

    Os comerciantes agardan que aínda que esta sexa a primeira ocasión que o organizan a Feira, a afluencia de público sexa boa. 

    Para esta noite está programado un desfile de moda, mentres que mañá tanto rapaces como adultos poderán divertirse con xogos tradicionais e modernos. Xa o domingo, ás once da mañá celebrarase un Camponato de Billarda, aberto a todo aquel que queira participar. A partires das doce inaugurarase unha exposición de vehículos clásicos que dará paso á II Festa do Churrasco, amenizada polo grupo de gaitas Penaguda. A campaña pechará o domingo ás dez da noite.

    Redacción Salnés