Arosa e Sanxenxo comezan con bo pé, o Ribadumia arrollando

SALNÉS> Os de Pablo Vázquez metéronlle seis ó Pontellas e colócase como primeiro líder da Preferente Sur. Na Terceira, empates de Céltiga e Vilalonga.

{flowplayer}images/salnes/Preferente_270812.flv{/flowplayer} 

Importante triunfo do Arosa na primeira xornada ligueira ante un dos seus rivais directos polo ascenso, o Estradense (1-0). Os de Lino González atopáronse cun contricante decidido a non encaixar goles e que baseou o seu xogo no repliegue e nas saídas á contra. Os vilagarciáns apenas tiveron ocasións de gol no primeiro tempo e non desequilibrarían a balanza ata mediada a segundo parte, nunha xogada de rebotes na que Yupe acabaría introducindo o coiro en propia meta. Tres puntos moi valiosos para o Arosa que comeza con bo pé a liga.

Iso sí non tan ben como o Ribadumia que fíxolle un set a un Pontellas que pouco ou nada se parece o de anteriores temporadas (6-0). En dez minutos os de Pablo Vázquez sentenciaran o encontro con dous goles. Sylla cun dobrete e Manu Nieto cun hattrick foron os protagonista dun partido de clara cor local que asusta ós rivais dos da Senra, decididos a facer algo grande esta temporada. T

amén debutou con triunfo o Sanxenxo grazas a un tanto de Minso mediado o segundo tempo. A primeira parte foi de dominio local pero as cousas iguláronse cando e o Sanxenxo quedouse con dez pola expulsión de Darío e logo con nove pola lesión de Aguín. Malia iso, os de Óscar García aguantaron a súa vantaxe no marcador e arrancan a liga cun importante triunfo.

Como tamén foi importante o punto colleitado polo Unión Grove. Enrfontábanse un recén ascendido contra un recén descendido. O Areas adiantouse moi cedo no electróncio grazas a un tanto de Arenas ós 12 minutos pero no segundo tempo Ramón empatou de penalti. Os de Ricardo Dios aguantaron o tipo nos últimos minutos cando quedáronse con dez pola expulsión de Álex.

O único que debutou con derrota foi o Portonovo (2-1) que caeu pola mínima no campo do Mondariz debido a un tanto de penalti no minuto 85 que decidíu a favor dos locais un partido pouco vistoso e con poucas ocasións de gol.

CÉLTIGA E VILALONGA INICIAN A LIGA CON EMPATE

Tamén arrancou a liga na Terceira. Os dous representantes do Salnés nesta categoría fixérono con empate. Quizais o máis meritorio o do Céltiga, que igualou sen goles no Roxo ante o Cerceda, nun bo partido dos de Manuel Núñez sobre todo a nivel táctico e defensivo, o que lles permitíu puntuar nun dos campos máis complicados da liga.

Tamén empatou o Vilalonga, ante o Bergantiños (1-1). Un partido no que os de Guillermo quizáis mereceron mellor sorte logo de adiantarse no marcador cun gol de Roberto Piñeiro pouco antes de chegar ó descanso. No inicio do segundo tempo, á saída dun corner igualaron o encontro os visitantes a través de Tomás. A próxima xornada, o Vilalonga visita o campo do Ordes mentres que o Céltiga xogará na casa fronte ó Vilalbés.

Redacción Salnés