Degenkolb gañador nunha xornada histórica para Sanxenxo

SALNÉS> O Salnés botouse ás estradas para presenciar o paso do pelotón da Volta Ciclista a España. Centos de afeccionados déronlle cor a unha etapa entre Ponteareas e Sanxenxo que se decidiu ó sprint. Venceu o alemán Degenkolb mentres que a xeral non reviste cambios e mantén a Purito Rodríguez como líder.

{flowplayer}images/salnes/VoltaSanxenxo_280812.flv{/flowplayer} 

Xornada histórica coa chegada da Volta a España ó Salnés. Veciños e visitantes acudiron á chamada da rolda ciclista e ateigaron as estradas durante a maior parte do percorrido.

A saída foi dende Ponteareas e tras un percorrido polas rías de Vigo e Pontevedra o pelotón chegou agrupado ó Salnés, onde tras un primeiro paso por Sanxenxo, deu a volta completa ó Grove para voltar a Sanxenxo. Alí, en Baltar, foi onde rematou esta décima etapa que volveu a coronar a John Degenkolb como o mellor sprinter da proba. O alemán do Argos acadou o seu cuarto triunfo de etapa.

A xeral mantense inalterable, con Purito Rodríguez como líder por diante de Chris Fromme e Alberto Contador. Cuarto é Alejandro Valverde, líder tamén da clasificación da montaña.

Co resto de corredores entrou Gustavo César Veloso. O vilagarcían recoñeceu que para el foi moi especial esta etapa.

Mañá a Volta vive unha das súas xornadas máis importantes coa disputa da crono entre Cambados e Pontevedra, de 39,4 quilómetros. Unha etapa na que poderían marcarse diferencias importantes entre os favoritos e no que se prevé un cambio no liedrato. Para Veloso é un terreo propocio e tentará completar unha boa actuación diante dos seus.

Redacción Salnés