A loita mantese aberta trala espectacular crono de Cambados

PONTEVEDRA> Por segundo día consecutivo o Salnés botouse ás estradas para ver o paso dos corredores da Volta Ciclista a España. A espectacular contrarreloxo entre Cambados e Pontevedra mantén aberta a loita entre os catro primeiros clasificados. O maior beneficiado, Contador, que se achega a un segundo do mallot vermello, que defende Purito Rodríguez cun segundo de vantaxe.

{flowplayer}images/salnes/CronoCambados_290812.flv{/flowplayer} 

Espectaculares imaxes as que nos deixou hoxe o Salnés, volcado co paso da Volta Ciclista a España. Ás 13:10 tomaba a saída o primeiro corredor dende a praza de Fefiñáns, en Cambados, engalanada para a ocasión, e na que se deron cita centos de afeccionados. Como tamén os houbo ó longo de todo o percorrido, por Ribadumia e no Alto de Castrove, a maior dificultade que tiveron que atravesar os cislistas na xornada de hoxe. Ata os topes tamén estivo Pontevedra, a onde chegaron os corredores tras case 40 quilómetros de percorrido.

No estrictamente deportivo, a victoria foi para o sueco Kessiakoff, que marcou o mellor tempo por diante de Alberto Contador. O de Pinto gañoulle a batalla ó resto de rivais directos pero iso non lle servíu para vestirse de vermello. Purito Rodríguez mantivo o liderato por un segundo.

A 16 segundos na xeral quédase Chris Froome mentres que Valverde mantense na pomada, a 59 segundos.

Máis lonxe rematou Gustavo César veloso, no posto 29. Pese a contar co apoio dos afeccionados, que portaron numerosas pancartas e pintaron as estradas co seu nome, o vilagarcián non puido estar preto dos mellores tempos.

Redacción Salnés