Cuntis, Caldas e Moraña reciben 378.000 euros do canon do Umia

    canonumia copia.jpg SANTIAGO> O consello da Xunta autorizou a sinatura dun novo convenio para o reparto entre estes municipios da contía que lles corresponde a cambio da explotación da presa do Umia.

    {flowplayer}images/salnes/CONVENIO_UMIA_CONSELLO_XUNTA.flv{/flowplayer}

    O consello da Xunta vén de autorizar un novo convenio entre Augas de Galicia, Deputación de Pontevedra e os concellos de Caldas, Cuntis e Moraña para transferir a estes municipios os beneficios obtidos pola Xunta da explotación hidroeléctrica da presa do Umia. E son beneficiarios estes tres concellos por ser os que comparten a instalación desta infraestrutura. En total repartiranse 370.000 euros a partes iguais e da xestión deses fondos encargarase a Deputación de Pontevedra en calidade de entidade colaboradora.

    O acordo contempla as bases que deberá seguir a Deputación na xestión deses recursos. Uns cartos que os concellos beneficiarios deberán investir en programas culturais, educativos e de asistencia social. A maiores constitúese unha comisión de seguimento para supervisar o cumprimento deste acordo que estará vixente ata o 31 de decembro deste ano. O primeiro convenio destas características asinouse no 2002, e tras renovar o prego de bases oito anos despois, asinouse un novo acordo en novembro do 2010 que venceu o 31 de decembro do ano pasado. De aí que o consello da Xunta autorizase este novo protocolo para renovar o acordo.

    Redacción Salnés